ANIMAIS DE COMPAÑIA

ANIMAIS DE COMPAÑIA

01-09-2017
DEMADEMORA
9788484643296
36
320
220x220 mm
GALEGO
ALBUMES ILUSTRADOS
PVP
14.00

Sinopsis

A vella dona María subiu un día ao monte e volveu cunha caixa
na que gardara varios bechiños silvestres para que lle fixesen
máis levadeira a súa soidade. Aconteceu daquela que unha veciña
curiosa e algo lingoreteira quixo saber que había dentro.
Dona María contoullo, mais a muller entendeu algo que nada tiña
que ver coa realidade. A partir de aí, armouse en toda a vila
unha tremenda confusión que chegou a alarmar as autoridades.
Que habería de certo no misterioso recipiente da anciá?
?Animais de compañía? é un relato construído a partir dun xogo
de palabras que amosa o moito que pode variar a percepción
dos acontecementos ao iren pasando de boca en boca.
Estes versos rimados e cheos de humor animan os lectores a xogar
por si mesmos formando e deformando a linguaxe; unha proposta
que nos remite á obra de clásicos como Lewis Carroll

Más libros del autor