Sinopsis
Un novo clásico de Astrid Lindgren en lingua galega protagonizado porun dos seus personaxes máis queridos. Un divertido libro de aventurasideal para os que comenzan a ler de forma autónoma.
Emil ten cinco anos, é un neno forte coma un touro, valente e algotestán que vive nunha granxa chea de animais coa súa familia. Cos seus ollos azuis e o pelo loiro e laúdo semella un anxiño, mais as súas trasnadas volven tola a toda a vila.
Unha obra inspirada nos recordos e anécdotas de infancia do pai daautora nunha granxa de Småland, que nos achega a unha infancia feliz,en contacto coa natureza, á que Astrid Lidgren aspiraba para todos osnenos e nenas. Un entorno familiar no que transcorren as aventurasdeste atrevido personaxe que aprende coa experiencia do día a día ecuxos actos ás veces teñen consecuencias inesperadas que poñen aproba o seu enxeño.
Unha edición que conserva as ilustracións orixinais de Bj"rn Berg, agorarestauradas e coloreadas, quen, no seu día, viaxou a Småland paraestudar con minuciosidade as casas, xardíns, valados, portas e a contorna natural para darlle vida a esta obra.