Sinopsis
Ao longo da historia, as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas preservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura. Queremos honrar todas esas mulleres que, durante séculos, compartiron os seus coñecementos de xeración en xeración, creando unha ponte entre o pasado e o presente median- te receitas nadas nos fogares, transmitidas de nais a fillas.
Na década dos sesenta do século XX, foron as mulleres as que tomaron as rendas da gastronomía profesional xestionando mesóns, casas de comidas e restaurantes, intentando conciliar a vida familiar con interminables xornadas de traballo na hostalería. Fixérono desde un lugar discreto e, en moitas ocasións, sen o recoñecemento que merecían. Coa profesionalización do sector, a súa impagable contribución quedou no anonimato, relegada por unha sociedade que lles arrebatou un oficio que durante séculos fora seu.
De nais a fillas. Receitas para non esquecer busca rescatar esas historias de esforzo, de creatividade e de sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron.