FILLA DAS ONDAS

FILLA DAS ONDAS

28-11-2024
MAREMAR
9788413433431
Cartone
64
552
210x297 mm
GALEGO
ALBUMES ILUSTRADOS
28-11-2024
PVP
20.00

Sinopsis

Unha forma diferente de coñecer Pontevedra, a súa historia, as súaslendas e o seu patrimonio, a través do misterio e da aventura.
Froiaz detesta Pontevedra, onde acaba de mudarse coa súa familia.Na noite de San Xoán escoita unha voz que canta cerca da súa xanela: era Mariña, unha nena moi especial con quen percorrea cidade baixo a lúa chea. Ela é capaz de facelo invisible ou transportalo a través do espazo e do tempo para coñecera historia da cidade e a moitos dos personaxes que a poboaron:Méndez Núñez, Benito Soto, Manuel Quiroga ou Castelao, entreoutros. Pero Mariña garda un segredo, debe mollarse a cada poucocon auga salgada se non quere converterse en pedra, porque…
Fina Casalderrey, unha das escritoras máis importantes da literaturainfantil e xuvenil galega, galardoada co Premio Nacional de Literatura e candidata ao Premio Astrid Lindgren, achéganos a historia e opatrimonio da súa cidade natal dunha forma diferente e a través damirada de asombro da infancia. Unha aventura divertida e trepidante,chea de intriga, que convida a locais ou visitantes a percorrera cidade a través da súa historia. Un álbum que conta coasilustracións do grande artista plástico Xosé Cobas, que recrean osdiferentes espazos urbanos e nos convidan a viaxar no tempo.

Más libros del autor