OS COMEDORES DE PATACAS

OS COMEDORES DE PATACAS

09-09-2021
NARRATIVA
1331863
9788491219323
Rustica
128
205
145x220 mm
GALEGO
FICCION MODERNA Y CONTEMPORANEA
PVP
19.50

Sinopsis

Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagonista da novela é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Rivas, móvese a cabalo entre dous espazos, entre dúas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo que preside o cotián deste adolescente galego. O paro, o walkman, o teléfono, o rap, os colegas, o contacto co sexo, o ruído dos tractores, o poder da amizade, as ensoñacións do protagonista, un accidente de coche, a incomunicación, ese Algo que Sam se mete, o reencontro coa aldea, a avoa... constitúen os referentes vitais dun protagonista rebelde e entrañable, que camiña pola vida empuxado polo optimismo.
O Manuel Rivas de «Os comedores de patacas» é un escritor limpo, que tece a súa narrativa desde a sinxeleza, o humor e unha inesgotable capacidade para contar con axilidade, con ritmo e con precisión.

Más libros del autor