Sinopsis
Un álbum tenro e divertido protagonizado por un gato rebuldeirocon gana de aventura e afectos.
Quen ten dous ollos pequenos, dúas orellas pequenas, unha bocachea de dentes pequenos e afiados, uns bigotes grandes, un corpo con manchiñas, catro patas con gadoupas e un rabo? Un gato!E todos os gatos precisan correr, ir e volver, sentir a chuvia ouo vento, pasar medo, estar tristes (só un anaco), ter un teito ondeacubillarse e, sobre todo, alguén grande ou pequeno que os queira.
Un novo traballo de NataliaShaloshvili cun protagonistatenro e rebuldeiro co quelectores e lectoras se identificarán inmediatamente. Unha proposta ideal para alectura compartida que transmite a importancia do xogo, a autonomía e a experiencia emocional na infancia, sen esquecer os afectos e o contacto cos outros, algo que necesitamos todos, grandes e pequenos.