Sinopsis
«Pasa unhas horas máis vendo as viaxes marabillosas, os corpos perfectos e todos os outfits que proban cada día os influencers. E séntese mal porque ela non pode levar a vida que ve nas redes, sabe que nunca poderá alcanzar unha felicidade así».
Emotiva, conmovedora, diferente... Redes narra, a través dos ollos dunha adolescente, unha historia que se converteu na realidade de todos nós.
Sobre el Autor: Eloy Moreno: Lanzouse no 2010 á aventura de autopublicar a súa primeira novela, El bolígrafo de gel verde, que vendeu máis
de 250.000 exemplares. A súa segunda obra, Lo que encontré bajo el sofá (2013), volveu conectar con miles de
lectores. No 2015 publicou El regalo, que recibiu un gran recoñecemento tanto en vendas como da crítica. A súa
seguinte obra, Invisible (2018), é un best-séller traducido a máis de 15 idiomas. As súas últimas novelas, Tierra
(2020), Diferente (2021) e Cuando era divertido (2022), supuxeron un éxito rotundo entre os lectores e lectoras.
A súa colección «Cuentos para entender el mundo» vai dirixida tanto a adultos como a nenos e lese en centenares
de centros educativos. O seu último proxecto é unha serie de contos ilustrados para o público infantil: Juntos, Lo
quiero todo, Invisible e Las reglas del ratoncito Pérez.
Con máis de 2.000.000 de exemplares vendidos, Eloy Moreno é un dos escritores máis lidos e queridos pola súa
gran capacidade para abordar temas universais desde unha sensibilidade única e sempre desde puntos de vista
sorprendentes.