SELVA (GALEGO)

SELVA (GALEGO)

19-10-2021
9788413431109
Cartone
40
420
220x280 mm
GALEGO
ALBUMES ILUSTRADOS
PVP
15.00

Sinopsis

A obra distinguida co XIV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados é un libro visual que, sen palabras e unicamente a través das súas imaxes, narra o divertido paseo -cheo de inesperados achados- dun neno por unha paraxe de exuberante vexetación que ocupa a totalidade da dobre páxina.
Trátase dunha metáfora da vida, xa que na traxectoria do protagonista percorrendo camiños, atravesando a espesura, baixando e subindo por estraños lugares, nada resulta ser o que parece: nin o sendeiro, nin os misteriosos ollos que axexan na xungla multicolor, nin na montaña... unha suxestiva proposta para sermos partícipes da aventura, da curiosidad e da fantasía.
«Selva» é unha historia brillante e sorprendente, sinxela e orixinal, que atrapa pola súa gran riqueza cromática a base de pinceladas perceptibles na superficie do papel, onde conviven os pequenos detalles e os grandes volumes; un xogo de perspectivas que acada un final imprevisto, co neno adentrándose nun espazo completamente distinto ao original, pero repleto de todo o que foi atesourando na memoria.

Más libros del autor