SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO

SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO

08-05-2009
TEATRO
1337056
9788497825061
88
129
130x210 mm
GALEGO
OBRAS DE TEATRO, TEXTOS TEATRALES
PVP
15.50

Sinopsis

Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palabras que non vai aprender, o tango que quedou sen bailar. Susana, a filla, e Luís, o xenro, móvense arredor del como caricaturas insensibles, preparados para o despegue social. María limpa o que lle mandan, sen facerse demasiadas preguntas porque así doe menos. As palabras proferidas por Manuel apenas atopan interlocutor, a non ser en María, e as frases altisonantes dos autómatas mestúranse coas reverberacións dos neóns da rúa, que impiden ver as estrelas. Será tarde para fuxir desta nebulosa anestesiante? Tal e como fixo Héitor, o fillo que canta nun club, lonxe da insensibilidade.
Sempre quixen bailar un tango de Teresa Costa González obtivo o XVIIº Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, outorgado por AGADIC. O xurado salientou desta peza a solidez da súa estrutura dramática, cualificándoa como unha obra "moi coidada" e "moi ben construída", así como a súa intención de ridiculizar valores dominantes na sociedade actual como o afán de poder, a ambición, as aparencias, a superficialidade ou o materialismo, en contraste co "poder salvador dos soños"

Más libros del autor