Sinopsis
A deste libro é unha voz que entende a poesía como olabor de tecer verbas e urdir signos e sons cos vimbiosesvaradíos do tempo e do aire. Isto é, á fin, o mellor queo poeta ten para dar as grazas en homenaxe e celebraciónde persoas, feitos ou lugares que o acompañaron ao longodos anos, deixándolle un pouso impagable.
Son versos que nos levan desde o abraio ante a obra oua sensibilidade dunha figura exemplar ata a exaltacióndunha feliz experiencia ou das vivencias que propician asviaxes. Versos, ao tempo, que tampouco non esquecendeixar un testemuño de repudio dos acontecementos queensombrecen o mundo que nos tocou vivir. Xorden así, noslabirintos da palabra, poemas que acaban por compoñerunha posible constelación, un vago mapa, unha certa paisaxe afectiva e moral...