A CONTA ATRAS (EDICION EN GALEGO)

A CONTA ATRAS (EDICION EN GALEGO)

02-08-2022
9788419351821
Cartone
200
GALEGO
NOVELAS GRAFICAS
PVP
23.50

Sinopsis

Transcorreu un ano des que o accidente dun petroleiro causou unha gran marea negra. Otero, subsecretario de Pesca do goberno autonómico, presenta ante os medios de comunicación unha campaña publicitaria que anuncia a recuperación da costa e do sector pesqueiro. En realidade, trátase dun exercicio de manipulación informativa que busca acalar as críticas á xestión política da catástrofe ecolóxica. Mariñeiros, xornalistas, comerciantes e voluntarios son os outros grandes actores deste drama coral, que gaña en matices e profundidade a medida que o desenvolvemento da historia ?relatada en sentido inverso? se desprega perante o lector.

Coincidindo co vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige, a lectura de A conta atrás preséntase como o remedio perfecto para evitar que se cumpra a máxima de Cicerón segundo a cal ?os pobos que esquecen a súa historia están condenados a repetila?. Asinada por Carlos Portela e Sergi San Julián, esta novela gráfica preséntase a través dunha nova edición que ademais de incluír a segunda parte da obra ?até agora inédita?, contén un prólogo do novelista Manuel Rivas e un epílogo do historietista Miguelanxo Prado, así como abundante material adicional que profundiza na xénese e no desenvolvemento deste proxecto.

Más libros del autor