Sinopsis
Para ser unha mañá de finais do verán en Estocolmo, o 20 de agosto de  2018 vai unha calor incrible na cidade. E segundo se oe na televisión,  nos últimos meses as temperaturas foron altas, quizais a causa dos    numerosos incendios en toda Suecia. 
                             Ese día, Greta Thunberg, que daquela tiña quince anos comezou a súa    folga fronte ó edificio do Parlamento: os políticos non deben esperar  máis, hai que facer algo para salvar o medio ambiente. É o primeiro    #fridaysforfuture da Historia. 
                                  Preparádevos para ler unha historia de esperanza, valor e              determinación. Esta é a verdadeira historia de Greta Thunberg, mais    tamén a de moitos outros nenos e nenas de todo o mundo dispostos a     loitar contra o desinterese dos maiores, en nome dun futuro mellor.    Nunca es demasiado pequeno para marcar a diferenza.