Sinopsis
Un libro noxento e fascinante a partes iguais, un catálogo de seressorprendentes con estratexias de protección e defensa do máis peculiares.
Non o vas crer! Sabes que hai animais que comen a súa propia caca?E que outros disparan veleno dende o cu ou usan o seu propio moco comomecanismo de defensa? Benvido a un mundo «noxento»! Pero ademaisde facer cousas que poden dar moito noxo, estes animais tamén podenser fermosos, teñen estratexias abraiantes, sobreviven en lugaresinhóspitos, aprenden doutros e son exemplos vivos da marabillosa Natureza.En realidade, só teñen mala fama e conseguiron, grazas á evolución,sistemas de defensa, cortexo ou alimentación que van sorprender.
As ilustracións de trazo fresco e rápido de Mercè Galí acentúan o humorescatolóxico inherente aos textos rigorosos do biólogo José Ramón Alonsoneste álbum que mostra algúns dos aspectos máis descoñecidos e fascinantesdo reino animal e que, de certo, manterán as lectoras e os lectorespegados ao libro de principio a fin.