Sinopsis
Simón Martel —a heroína máis lonxeva da banda deseñada gallega— empurra as botas e a mochila para unha dobre aventura no Camiño de Santiago: dende O Cebreiro ata Compostela e de alí ata Fisterra/Muxía, acompañada polos seus amigos inseparables e novos personaxes que lle demostrarán que esta ruta é moito máis que unha simple peregrinación.
As aventuras de Simón Martel apareceron por primeira vez en 1994 —escritas por Aníbal Malvar e ilustradas por Fausto Isorna— co álbum A Irmandade dos Lectores Tristes. En pouco tempo, o guionista Rober Méndez uniuse a eles e xuntos crearon Flores dende Hiroshima, No nome da amada morta e A maldición dos Velasco, convertendo a Simón no primeiro personaxe de banda deseñada gallega cuxos libros se publicaron comercialmente. Tras un paréntese de varios anos, Simón volveu á acción nos libros Están vivas! (2006) e Enigma soterrado (2009). Esta aventura emprendida para conmemorar o Xacobeo 21-22 complétase nesta edición, relatando o final da viaxe, coas páxinas de Santiago a Fisterra.