CAROLINA

CAROLINA

09-06-2022
NARRATIVA
1331497
9788411101363
Rustica
344
457
155x230 mm
GALEGO
FICCION MODERNA Y CONTEMPORANEA
FICCION HISTORICA
PVP
20.50

Sinopsis

Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañadores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen. Unha muller que se converte en maquis e espalla a paixón polos libros, sobre todo por aqueles que a marcaron como ser humano, aqueles que se viu obrigada a ler na clandestinidade, á luz dun farol ou baixo o foco dunha lanterna. Unha muller sobre a que penden ameazas de cadea, de tortura e de morte.
Este é o relato dunha vinganza, a de quen non soporta a impunidade dos crimes e decide administrar xustiza pola man, protagonizando peripecias que poñerán en perigo aquelas persoas que participan no cometido. Unha destas persoas é o xornalista Tomás Abilleira, que inicia unha investigación sobre Carolina Ernau tras coñecer a Rosalía Mera, unha enxeñeira que traballou para os nazis durante os anos corenta do século XX.
«Carolina», a última novela de Alberto Canal, é unha historia de paixóns, vinganza e libros que, por empatía, debería ser lida ás escuras e cunha lanterna na man.

Más libros del autor