Sinopsis
Unha das obras imprescindibles de Anthony Browne, un álbum tenro e con dosesde humor sobre o valor da amizade e a solidariedade.
En 1974, Koko, unha gorila adestrada na Universidade de Standford para usar a linguade sinais, pediulles un gato aos científicos que a observaban e coidou del coma se foseo seu fillo. Uns meses despois o gato desapareceu e durante varios días Koko expresou a súa tristura a través de sinais. Este feito, que provocou a discusión sobre se outrasespecies poden sentir emocións humanas, serviulle de inspiración a Anthony Brownepara a creación dunha das súas obras máis coñecidas.
En Cousiña Linda, como o caso real, un gorila que sabe comunicarse por sinais, e tentodo o que desexa, séntese só e decide pedirlles aos seus coidadores un pouco decompañía. Así coñece a Linda, unha gatiña coa que toma leite e mel, pasea, xoga... Xuntos son felices, mais unha noite, mentres ven unha película, o gorila ponse moi nervioso,enfurécese, e os seus coidadores deciden separalos. Nese momento, Linda mira parao gorila e na súa reacción revélase o verdadeiro valor da amizade.
Anthony Browne sente unha gran paixón polos gorilas, e esa fascinación, que xorde docontraste entre a forza e a tenrura destes animais, reflíctese en boa parte da súa obra.Nas coloridas ilustracións deste álbum, combina elementos realistas cun toque de fantasía
e humor, dando vida a dous entrañables personaxes.