Sinopsis
Os títulos máis coñecidos da colección ?Do berce á lúa? nun formato máisgrande ideal para contar e compartir.
Combinando os recursos do cancioneiro tradicional infantil e recoñeciblesimaxes sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa unreferente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño daprelectura de moitos nenos e nenas. Cada título é un exercicio poético para?educar o ollo e adozar o oído?, como explica o seu autor, e a pesar da súaaparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido a partir detemas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.
Co obxectivo de facilitar o traballo de mediadores e mediadoras, Kalandrakaretoma a publicación dos títulos con máis éxito da colección nun formatogrande e ideal para compartir. Así, tras ?Lúa? e ?Animais? chega ás librarías?Crocodilo?, o cal se inicia cun extravagante réptil verde verde verde, quesobe nun baúl, que sobe nun castelo, que sobe...