Sinopsis
Un manual pedagóxico que sitúa a educación na e coa natureza como eixetransformador para repensar a escola pública e a formación da cidadanía.
En ?Escolas na e coa natureza?, Corine Martel e Sylvain Wagnon reivindicano medio natural como espazo educativo fundamental, capaz de artellarcoñecementos, experiencias e valores que dificilmente poden limitarse á aula.Aprender ao aire libre permite observar, experimentar, formular hipóteses ecomprender a interdependencia entre os seres humanos e o planeta.
Apoiándose nunha sólida tradición pedagóxica que vai de Rousseau á novaeducación, os autores combinan neste volume reflexión teórica e propostasprácticas, viables e adaptables ao sistema educativo público. Lonxe de idealizara natureza, Martel e Wagnon ofrecen claves didácticas para desenvolverproxectos educativos que fomenten a curiosidade, o pensamento crítico, aecocidadanía e a xustiza social.