Sinopsis
As profundidades do lago esconden moitos segredos, pero tamén unhagran valentía.
Todos os domingos Flop vai ao lago cos seus irmáns maiores. Mentreseles xogan e nadan na auga, el prefire observar desde a beira. Estáseguro de que o fondo esconde segredos inquietantes e non se atrevea nadar. Un día, saltando entre as rochas, un descoido mergúllao nunhaincrible aventura que o levará a superar os seus medos e inseguridades.
A aclamada autora e ilustradora canadense Marianne Dubuc asina estaobra sobre o crecemento, a superación dos medos e a autonomía persoalna que o seu protagonista vive unha experiencia transformadora entre oreal e o soñado. Unha viaxe a través das profundidades do lago na queterá a oportunidade de aprender a nadar e a gozar da auga.
Un álbum cheo de detalles e de gran formato, ideal para lectorese lectoras a partir de tres anos.