GALICIA EN GUERRA

GALICIA EN GUERRA

16-04-2007
CRONICA
1345083
9788497824651
184
288
145x220 mm
GALEGO
SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
agotado
PVP
21.95

Sinopsis

Este libro recolle unha apaixonante historia oculta. A da participación de Galicia na II Guerra Mundial. De 1939 a 1945, Galicia estivo en guerra porque, malia a neutralidade de España, o país tivo un papel protagonista na guerra. O volframio extraído das minas galegas alimentou a poderosa industria bélica de Hitler. Unha rede de espías alemáns e aliados operaba nos portos galegos, mentres os submariños U-boot se abastecían en Vigo e Ferrol. Empresas tapadeira, do consorcio nazi Sofindus, medraron en Galicia. A implicación foi tan grande que mesmo os barcos pesqueiros galegos acabaron por ser obxectivo da Royal Navy, con máis dunha ducia de afundimentos en operacións secretas. Ao remate do conflito, unha arañeira de axentes secretos acochou aos criminais nazis e organizou a súa fuxida cara a América. Unha apaixonante e descoñecida historia que agora, o xornalista Eduardo Rolland, relata en Galicia en guerra.