Sinopsis
No escuro, escurísimo soto dunha escura, escurísima casa,
        un esqueleto pequeno está a ler un cómic.
                        Nunha escura, escurísima rúa dunha escura, escurísima cidade,
    un esqueleto grande está a pasear o can.
                         
                                                                 Así comeza ?Noite de golpes?, outra nova e trepidante aventura,chea de  humor e tropezos, protagonizada polos esqueletos máisdivertidos       creados por Allan e Jane Ahlberg. Nela, o esqueletogrande e o          esqueleto pequeno non poden parar de chocar unha vez e outra. Por      sorte, o Dr. Ósos está atento para resolver cadasituación, aínda que a  súa paciencia ten un límite? Un álbum ideal para ler pola noite cunha  portada cuxos personaxes brillan na escuridade.