Sinopsis
O teu corazón latexa día e noite: é o motor do teu corpo. Pero, sabes como funciona?
Como viaxa o sangue polo teu corpo?
Namorarse é cousa da razón... ou do corazón? E que fai que o teu corazón bata máis rápido?
Acompaña a María e Amor, amigos do corazón, nunha viaxe por todos os recunchos do Castelo do Corazón e descubre o segredo para ter un corazón san e forte.