OH! (GALEGO)

OH! (GALEGO)

23-09-2021
TRAS OS MONTES
9788413431024
Cartone
52
434
220x267 mm
GALEGO
ALBUMES ILUSTRADOS
PVP
16.00

Sinopsis

"Oh!" É un libro sen texto que os especialistas en Literatura Infantil e Xuvenil consideran unha obra de referencia. Xoga cos dobres sentidos, as adiviñas visuais e, como Magritte, ensínanos que “unha pipa non sempre é unha pipa”. As súas páxinas amosan imaxes independentes -aínda que relacionadas entre si- establecendo unha estrutura encadeada, polo que pode converterse nunha historia circular.
As súas páxinas son plegables, de xeito que a primeira coas seguintes presenta unha ilustración; pero cando se abre este último, fórmase outra figura diferente. Xorde así un xogo entre o que se ve e o que se esconde, o que parece algo, pero se transforma noutra cousa... A este enfoque imaxinativo e sorprendente súmase unha colección de ilustracións facilmente recoñecibles que destacan polo seu carácter descritivo.
Ao ser un libro para todas as idades, resulta especialmente atractivo para prelectores e primeiros lectores, xa que permite un exercicio de narración libre mentres os máis pequenos tratan de adiviñar que imaxes se agochan detrás de cada páxina.
O resultado é que as nenas e os nenos identifican as imaxes, quedan abraiados e sorprendidos -de aí o título- ao descubrir a parte descoñecida de cada unha, aprenden a secuencia e a dirección da lectura narrativa e visual, ao tempo que desenvolven a imaxinación.

Más libros del autor