Sinopsis
Este libro estuda a historia da División Azul na fronte rusa dende unha perspectiva propia da historia social e cultural da guerra. Aborda quen foron os máis de 2.500 voluntarios galegos en Rusia, as súas orixes sociais, os seus trazos culturais comúns, as súas motivacións para ir a unha guerra lonxana, e as súas experiencias na liña de combate e na retagarda. Así mesmo, inquire sobre as traxectorias vitais dos que volveron con vida e dos mutilados, dos que retornaron após máis dunha década de cativerio na URSS, e da memoria da División Azul na Galicia franquista e democrática. Con base nun amplo elenco de fontes de arquivo, este libro profunda con lente microscópica, a xeito de calidoscopio, nas biografías e vivencias de centos de combatentes.