SOÑO DE LIBERTADE

SOÑO DE LIBERTADE

10-11-2025
9791387987114
Rustica con solapas
232
300
165x240 mm
CATALAN
GALICIA, COMUNIDAD AUTONOMA DE
GALLEGO (GALEGO)
LITERATURA: HISTORIA Y CRITICA
FICCION HISTORICA
PVP
22.50

Sinopsis

En Soño de liberdade, a xornalista Rocío Cid, a quen coñecemos como biógrafa de Rosalía Carcedo en A saga das curandeiras, relátanos a vida dunha hipotética muller, nada no rural galego, Sabela Couto Roriz (1949). A novela é un percorrido pola súa vida, desde o seu nacemento na época das cartillas de racionamento ata a chegada da democracia, xa na súa mocidade. Narra a batalla que a protagonista tivo que manter para saír do círculo de submisión no que vivían a súa nai e mais a súa avoa, batalla que gañou mediante o estudo e a rebeldía e que a levaron a poder traballar fóra do fogar, a casar coa persoa que amaba e a ser independente.

Este itinerario de vida serve para ofrecer unha panorámica sobre os labores agrícolas e gandeiros nos que Sabela se viu obrigada a participar sendo nena e adolescente, sobre a autoridade paterna, a precariedade da vida dunha nena do rural na cidade, as diferenzas de clases sociais, o papel da muller ou as dificultades para vivir un primeiro amor, sempre baixo o xugo da mirada paterna e do que dirán.

Soño de liberdade é, en definitiva, a historia dunha muller libre e adiantada ao seu tempo, dunha muller que traballou para deixar atrás as limitacións e as dificultades da súa educación, e que soñou cunha vida mellor.

Más libros del autor