TEMPO DE CORRESPONDENCIA

TEMPO DE CORRESPONDENCIA

22-01-2026
NARRATIVA
1331558
9788411107648
Rustica
144
317
155x230 mm
GALEGO
GALICIA, COMUNIDAD AUTONOMA DE
GALLEGO (GALEGO)
BIOGRAFIA: LITERARIA
22-01-2026
próxima novedad
Próxima novedad
PVP
17.50

Sinopsis

Xurdidas do azar, da carencia e, en maior medida, da relación persoal entre Xesús Fraga e Xerardo Quintiá, «Tempo de correspondencia» valora a comunicación, non só como un acto de achegamento entre eles, senón como forma de reclamar un espazo onde entendernos a nós mesmos e, á vez, entendermos o outro, a outra.
Se a maior capacidade da palabra é a de contar, os autores destes textos cóntanse un ao outro, e nese acto enfíase un posible sentido do existir, da amizade, da literatura como paixón e como forma de vida, da música e do cinema, das lecturas, da infancia no tempo pasado e dos proxectos do tempo futuro. Mais tamén se reflexiona sobre a inmensa escuridade do tempo presente, sobre a depresión como pozo, como Negra Sombra rosaliana.
Talvez o noso maior acto de xenerosidade co resto das persoas sexa estarmos dispostos a comprender; mais para comprender é preciso comunicar. Estas cartas, xa que logo, representan por si mesmas esa posibilidade de darse, de entenderse, e esgazan o espírito dogmático do século: a barbarie.