TEÑO 14 ANOS, E NON E UNHA BOA NOVA

TEÑO 14 ANOS, E NON E UNHA BOA NOVA

31-10-2023
TIRAMILLAS
9788413432533
Cartone
144
150x235 mm
GALEGO
FICCION GENERAL (INFANTIL/JUVENIL)
PVP
18.00

Sinopsis

Unha historia chea de esperanza sobre unha terrible realidade que sofren cada ano doce millóns de nenas no mundo: o matrimonio infantil.
Efi regresa á súa casa na aldea tras o curso escolar na cidade. Aos seus catorce anos, as vacacións e o reencontro coa familia e amigos énchena de felicidade. Porén, a realidade non tarda moito en golpeala con forza: alcanzou a idade núbil e os seus pais prometérona en matrimonio. Os soños de seguir estudando para converterse en enxeñeira e axudar a mellorar as condicións de vida da súa contorna esnaquízanse. Efi loitará por todos os medios para evitar ese destino cruel que a familia e a tradición trazaron para ela.
A voz libre e progresista da protagonista elévase como unha denuncia, como unha chamada de atención para cambiar as cousas neste magoante pero esperanzador relato da colección Tiramillas para lectoras e lectores autónomos a partir de 12 anos.

Más libros del autor