Sinopsis
Unha nova fábula de Leo Lionni para familiarizarse cos meses do ano, coasestacións e co valor da natureza.
O primeiro día de xaneiro, Lolo e Lara, dous ratiños de campo, fan unhanova amiga: Flora, unha árbore falante. Tras superar a sorpresa inicial,deciden visitala durante todo o ano. A medida que pasan os meses, Loloe Lara observan como Flora absorbe a auga da neve ou da chuvia, comoflorece na primavera, dá froitos no verán ou lle caen as follas no outono.Cando chega o Nadal, Lolo e Lara celebran xuntos que teñen unha grandeamiga e prepáranse para un novo ano cheo de sorpresas.
Regresan os coñecidos personaxes do gran Leo Lionni neste clásico publicado orixinalmente en 1992 e inédito en España. Un álbum ideal para coñecer o ciclo do ano, os meses e as estacións, ademais de sensibilizar oslectores e as lectoras máis pequenos sobre a importancia do coidado danatureza e do medio ambiente. Unha fábula deliciosa editada nun orixinalformato e unha lectura perfecta para todo o ano.