ZACKARINA E O LOBO DE AREA

ZACKARINA E O LOBO DE AREA

19-10-2021
SETE LEGUAS
9788413430966
Cartone
120
456
150x235 mm
GALEGO
CUESTIONES PERSONALES Y SOCIALES
PVP
16.00

Sinopsis

–Preguntarlle ao Lobo de Area? –repetiu o pai.
–Si, porque el sábeo case todo –respondeu Zackarina–. Sabe de cometas e de calquera cousa.
–Pero Zacki, pequena –dixo o pai–, o Lobo de Area é só unha ocorrencia túa. El non me pode axudar a reparar o coche. O coche está avariado de verdade...
«Zackarina e o Lobo de Area» culmina a exitosa triloxía protagonizada por unha nena curiosa e inconformista e o seu sabio e inseparable amigo. Tras «O Lobo de Area» (Premio Atrapallibres 2020, Catalunya) e «As historias do Lobo de Area», este volume final presenta a faceta máis divertida de Zackarina que, aínda que se fai maior, segue sorprendendo co seu enxeño e coas súas vivencias no eido familiar. A serie escrita por Åsa Lind evolucionou dende o malestar inicial cos seus pais por non pasar máis tempo con ela, ata contar coa comprensión dos adultos. Unha saga creada para perdurar seguindo o crecemento de Zackarina a través de valiosas leccións vitais: a amizade, o medo a morte... sempre ao carón do Lobo de Area, que a escoita, a comprende e comparte con ela o seu desbordante humor e imaxinación. Coa súa frescura e un carácter inquedo, Zackarina segue afianzando o seu propio espazo de resistencia no mundo dos maiores, dialogando sobre as cuestións máis profundas e discurrindo sorprendentes ideas.
Esta protagonista feminina destaca pola súa impactante personalidade, espello no que moitas lectoras e lectores poden mirarse mentres a narración e os diálogos transcorren con fluidez e naturalidade, entre as destrezas literarias dunha coidada linguaxe repleta de xogos de palabras.
As cálidas e poéticas ilustracións de María Elina Méndez favorecen a lectura do texto envolvéndonos co rumor do mar e coa materia prima da que está feito este lobo máxico, soñador e entrañable, perfecto compañeiro de xogos e aventuras.

Más libros del autor