ZODIAKIDS 2. LUA DE SANGUE

ZODIAKIDS 2. LUA DE SANGUE

01-10-2026
1384951
9788411108805
Rustica con solapas
122
206
140x200 mm
GALEGO
EDAD DE INTERES: A PARTIR DE 9 AÑOS
FICCION GENERAL (INFANTIL/JUVENIL)
01-10-2026
próxima novedad
Próxima novedad
PVP
13.50

Sinopsis

Mentres a vila de Altoceo se prepara para a eclipse máis espectacular do ano, algo vai escurecer o ceo moito máis ca a sombra da Terra sobre a Lúa. Ras, o Señor da Noite, ten un plan: darlle vida a Sirius, o can da constelación, para que esperte o seu amo. E o seu amo é Orión, o cazador xigante que leva séculos durmido no ceo cun rancor enorme gardado dentro. Os Zodiakids nunca se enfrontaron a nada semellante. Mover constelacións significa abrir ocos no universo, e ninguén sabe que pode aparecer tras eles. Estela, Leo, Ariel e Santiago terán que unir forzas coas outras casas do zodíaco antes de que a Lúa se tinga de vermello. Porque cando iso ocorra, xa será tarde para calquera plan.