O CORPO HUMANO / EL CUERPO HUMANO
ENTRE A ANTIGUIDADE E O BARROCO / ENTRE LA ANTIGUEDAD Y EL BARROCO
Sinopsis
Desde os albores da civilización, o corpo humano foi obxecto tanto de representación e estudo como de atención, coidado e mesmo culto. O corpo era moito máis que unha entidade física; era moldeado polos deuses e a súa representación na arte e a arquitectura reflectía unha visión xerárquica, funcional e teolóxica do ser humano. A exposición que deu orixe a esta obra consagrouse ao corpo humano nas súas distintas vertentes e dimensións, desde a visión que del tiveron a filosofía e a arte ata a súa concepción científica.