PENULTIMO DIETARIO

PENULTIMO DIETARIO

19-07-2011
CRONICA
1345124
9788499142869
GALEGO
PVP
19.95

Sinopsis

Este Penúltimo dietario é unha memoria dos nosos -de Anisia e meus- últimos dezasete anos vivindo no retrinco do mundo onde nacín. Tiña pasado, coma quen di, da aldea ó barco. Levei comigo a lembranza dos meus familiares e veciños, a imaxe do Ulla, os labradíos e os montes de Gres, o Castromouzo, o castro da Pena Andoriña e pouco máis. Tomo conciencia do meu país máis alá do ancho mar, convértome de por vida nun activista galego.
Des que nos radicamos en Gres, en 1992, atendemos toda sorte de peticións para contar as nosas experiencias, o que nos permitiu percorrer todo o país, coñecer o seu territorio, achegarnos amorosamente a vilas e cidades, ós seus ríos e montañas, dende Ortigueira a Entrimo e de Fisterra a Becerreá. Alguén dixo que tamén se ama cos pés, camiñando, tripando a terra que queremos.
Velaquí, xa que logo, este dietario da nosa andaina por Galicia adiante, no que por veces tamén se inclúen lugares e persoas de fóra.

Más libros del autor