Sinopsis
Un álbum coas delicadas ilustracións de Quentin Gréban que supón un canto ao amor en todas as súas formas. Hai tantos tipos de amor como tipos de amantes. O amor está no aire. Quentin Gréban capturouno cos seus pinceis. Hélène Delforge reflectiuno nas súas palabras. O amor impregna estas páxinas! Quérote. Estar namorado é un estado, un golpe de sorte, unha sorpresa, un sentimento, unha sensación, unha emoción. O amor experiméntase, exprésase, cóntase, compártese, comeza, remata… ás veces. Mais non sempre.