A CEGADORA LUZ DE DUAS ESTRELAS VERMELLAS

A CEGADORA LUZ DE DUAS ESTRELAS VERMELLAS

05-04-2022
SUSHI BOOKS GALLEGO
9788416884551
Rustica
432
500
140x215 mm
GALEGO
PVP
19.90

Sinopsis

Novela histórica para a mocidade, ambientada na Segunda Guerra MundialLeningrado, 1941. Os xemelgos Víktor e Nadia teñen doce anos cando a Alemaña de Hitler lle declara a guerra á Unión Soviética. En poucos días todos os nenos da cidade son evacuados en trens especiais para poñelos a salvo do avance inimigo. Porén, Víktor e Nadia acaban por erro en trens distintos, e pérdenlle a pista o un ó outro. Ambos comezan a escribir nos seus cadernos o que sucede a medida que avanza o inimigo: o xélido inverno, a fame, as bombasà pero tamén a calor da amizade e a forza da esperanza. Mentres Nadia se ve defendendo unha posición clave para a resistencia soviética, Víktor atravesa a pé boa parte do territorio ruso, afrontando todo tipo de perigos. Co asedio de Leningrado como fondo, a Grande Historia entrelázase coa destes rapaces, decididos a reencontrarse e a salvar a súa cidade.

Más libros del autor