Sinopsis
—Hoxe narrareivos a última historia. Unha historia que sucedeu de verdade! —dixo moi serio—. Despois calarei para sempre. […] —Os que me feriron volverán a por ti. Son inimigos poderosos e hai tempo que queren quedar coas terras dos Calatrava.
Se non puideres defender o castelo, arrinca unha pedra dunha das ameas, colle o noso fillo e fuxe. Faino pronto, suplícocho, antes de que vos maten aos dous. Só posuirá en paz este castelo quen o teña enteiro. Algún día ti ou o noso fillo poderedes completalo con esa pedra.