O MUNDO EN QUE VIVIN

O MUNDO EN QUE VIVIN

01-03-2019
SIN FRONTERAS
8494984310
9788494984310
256
GALEGO
ESTUDIOS GENERALES
agotado
PVP
15.00

Sinopsis

O RELATO DA FASCINANTE VIDA DUNHA NENA XUDÍA EN ALEMAÑA ATA A CHEGADA DOS NAZIS

«Unha novela de características únicas na literatura portuguesa e emocionalmente certeira». Óscar Lopes

Cunha escritura sobria e transparente, e a través de breves episodios, esta novela condúcenos, nun in crescendo de emocións, desde a primeira infancia rural dunha nena xudía en Alemaña –cara ao final da Primeira Guerra Mundial– ao incremento das crises (inflación, desemprego, aumento da influencia e vitoria dos Nazis) [...] e a un desenlace sorprendente.
Hai unha felicísima imaxe simbólica, que é a do lento avanzar dunha tormenta que acaba por estar“xusto enriba de nós”. Asistimos a rituais xudaicos públicos e domésticos, a unha clara atracción alternativa entre a emigración a Estados Unidos e o sionismo. Queda o lector simultaneamente sorprendido pola correspondencia e polas diferenzas entre a adolescencia e a vida adulta en medios culturais moi diversos, pois hai miradas á vida luterana, á católica ou ao agnosticismo, na marxe da experiencia xudaica ortodoxa. Aparecen figuras familiares de corte nítido: os avós da vila; o pai, tratante de cabalos, fustrigado polos antisemitas e falecido de cancro; os tíos progresistas Franz e Marie; o avó Markus; a amorosa avoíña Ester; Paul (o mozo case namorado que se deixa intimidar polo ambiente); Karl (o mo zo aniquilado de amor, culto e firme nas súas conviccións).
A acción deséñase nunha sucesión de fases biográficas progresivamente dramáticas coas que acabamos por participar dun destino, ao mesmo tempo moi singular e moi típico, que ben nos podería suceder.

AUTORA: ILSE LOSA Ilse Losa naceu en Alemaña en 1913. A súa condición de xudía causoulle problemas no seu país, de onde a forzaron a saír. En Inglaterra tivo os seus primeiros contactos con escolas infantís e cos problemas da infancia. En 1934 refuxiouse en Portugal, onde casou, adquirindo así a nacionalidade portuguesa.
A súa valiosísima obra incluíu novelas, contos, crónicas, traballos pedagóxicos e Literatura Infantil. Colaborou en revistas e xornais alemáns e portugueses, está representada en varias antoloxías de autores portugueses e ela mesma participou na organización e tradución de antoloxías de obras portuguesas que se publicaron en Alemaña. Traduciu do alemán varios dos seus máis consagrados autores e o célebre Diario de Ana Frank.
En 1984 recibiu o Gran Premio Gulbenkian, polo conxunto da súa obra de Literatura Infantil. En 1990 foron publicadas en Alemaña as súas novelas O Mundo em que Vivi (1949) e Sob Céus Estranhos (1962) e o seu libro de contos Caminhos sem Destino (1991). Outras obras de Losa son Histórias Quase Esquecidas (1950), Rio sem Ponte (1952), Aquí Havia uma Casa e A Flor Azul e Outras Histórias (ambos de 1955), O príncipe Nabo (1962), Na Quinta das Cerejeiras (1981) e Silka (1984).

Más libros del autor