Sinopsis
Cando pensamos en princesas imaxinamos castelos e contos clásicos, dragóns e fadas, pero non todas as princesas pertencen á fantasía. Ao noso redor hai moitas princesas que traballan, perseguen os seus soños, viven historias de amor, coidan dos demais e de si mesmas... Princesas de hoxe en día. Seguro que coñeces algunha. Se cadra a caixeira do supermercado é unha princesa, ou pode que o sexa a túa compañeira da escola, a túa nai, a túa avoa ou ti mesma!
Queres saber máis delas? Neste libro atoparás as súas inspiradoras historias.