TRES GUINEAS

TRES GUINEAS

08-07-2026
9791388118289
Cartone
259
580
170x240 mm
GALEGO
INGLES
ESTUDIOS LITERARIOS: C 1900-
22-07-2026
próxima novedad
Próxima novedad
PVP
15.00

Sinopsis

Virginia Woolf (1882-1941) publica Tres guineas (Three Guineas) en 1938 na editorial Hogarth Press, que ela e o seu home Leonard crearan en 1917. Inspirado polas grandes ideas humanistas ilustradas de liberdade, igualdade, fraternidade e felicidade que moveron as revolucións democráticas, o ensaio, en forma de epístola, conságrase á defensa dos ideais pacifistas, feministas e humanistas da harmonía da liberdade individual e colectiva propios da autora. A obra ve a luz nos anos convulsos da guerra civil española e no marco xeral do ascenso do totalitarismo e da expansión do imperialismo dos tempos da Segunda Guerra Mundial. Nunha colección de clásicos do pensamento, Tres guineas, xoia do xénero epistolar, é un título imprescindible para o coñecemento da creación, da arte, da ciencia, da lingua, da literatura, da poesía, da estética, do corpo e da mente, do sexo, do xénero, da educación universitaria, da guerra dos sexos, do feminismo, do antifascismo, do pacifismo, do humanismo, porque, por riba de todo, é un canto sublime ao diálogo humano, ao amor e á paz.

Más libros del autor