Sinopsis
Cando o home enfermou
ela deixou a casa da cidade
e regresou á aldea;
á casa familiar; á xanela
dende a que falar
coa lúa.
Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes daemoción cando unha luz que chega sen previo aviso;desde un algures moitas veces descoñecido; lle ditao primeiro verso. O camiño que arrancou na vagaepifanía inicial vai medrando daquela arredor da libree disciplinada asociación das palabras; ganduxandoimaxes e metáforas e someténdose nun incógnito azar ás imposicións do ritmo.
Acaba chegando así; trenzada cuns versos puramenteespontáneos e outros procurados a golpe de oficio;a música marabillosa do encontro coa verdade. E aíndaque nada na poesía é absoluto; o certo é que este é unlibro absolutamente a favor da lembranza conmovida;nado por e para unha nai que cegou dúas veces; unhapolo glaucoma; e a outra polo cruel esquecemento.
Mais; tamén; unha nai que nunca perdeu nin a tenruranin a luz. Estamos; por tanto; ante unha colección depoemas nos que; como escribiu Eva Veiga: ?cada sombraé unha escada no corazón da luz?.