RING RING! QUEN RIMA?

RING RING! QUEN RIMA?

01-04-2018
8494777097
9788494777097
56
400
200x200 mm
GALEGO
ESTUDIOS GENERALES
agotado
PVP
13.50

Sinopsis

As nosas vidas están mergulladas nun mundo fermoso e variado. Tal idea é o punto de partida dos corenta e seis poemas que ofrece esta obra. Os seus versos serven de guía para visitar espazos moi diferentes e para facer xermolar sensacións que axudan a contemplar a realidade circundante con novas perspectivas. Cabalgando sobre rimas, viaxaremos por infinidade de paisaxes… Pola terra e pola serra, pola rúa e pola lúa, pola herba e pola néboa, con sombreiro e chuvasqueiro, con miñocas e con focas, con estrelas e con velas, con amigas, con amigos, con piratas… e contigo! Con este libro poderás soñar, poderás sorrir, poderás bailar, poderás sentir… Con Ring, ring…! Quen rima?... poderás vivir.

Ana M.ª Fernández Martínez (autora) Nace en Palma (Illes Balears). Con 18 anos chega á Coruña, onde desenvolve a súa vida laboral e familiar e onde reside na actualidade. Mestra e licenciada en Filosofía e Letras, é autora dunha ampla obra relacionada coa literatura infantil e xuvenil que abrangue os campos do teatro, a narrativa e, sobre todo, a poesía, á que dedicou boa parte da produción. O seu poemario Amar e outros verbos foi galardoado co Premio Lazarillo (2001) e co The White Ravens (2003). Outras obras súas son O país de amarnos (Lista de honor da IBBY, 2006), A casa de había unha vez, Versos da tarde laranxa, Poemas que me cantou o grilo, Páxinas de carricanta, Mediomedo e moitas máis. Ten poemas musicados por Manuel Rico, “Mamá Cabra”, Anxo Rei e outros. É tamén coautora con Xoán Babarro de varios títulos, entre os que figuran os premios “O Barco de Vapor” de 1985 e 1989.

Enrique López López (autor das ilustracións), naceu na Coruña, e desde pequeno viuse irresistiblemente atraído polas boas historias, en especial polas que empregaban a narrativa gráfica, xa fosen contos ilustrados ou cómics. Con cinco anos, os seus xoguetes preferidos eran unha folla en branco e un lapis, proporcionándolle horas e horas de entretemento. Desde entón, sempre estiveron presentes na súa vida, tanto na súa formación como arquitecto, como na súa paixón polo retrato e a ilustración. Actualmente compaxina a ilustración de contos infantís e xuvenís cun proxecto persoal dentro do ámbito do retrato e coa moi gratificante experiencia de contar boas historias ao seu fillo de 6 anos. En Hércules publicou Clara e o rapto do solpor e Vida Sa! desde a infancia e para sempre.